Eventos
Eventos
Buscador
A día de hoxe todo o mundo oíu falar do SÉ e do SEM pero, coñecemos realmente a importancia de traballar correctamente estes dous termos? Unha estratexia efectiva de posicionamento nos motores de procura ten como base a elección dunhas boas palabras crave adaptadas ao público obxectivo ao que nos diriximos, isto é sen dúbida a clave do éxito. Neste taller ensinarémosche a buscar as palabras crave adecuadas coas ferramentas que dispón o mercado actualmente para garantir un oco no mercado online e xerar o maior número de vendas posible. Nivel: Iniciación Contido 1. A importancia do SEO 2. A importancia do SEM 3. Como se buscan as palabra crave? 4. Aplicación das palabras crave 5. Ferramentas Nivel: iniciación O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Queres presentar de forma efectiva o teu proxecto en tan só 5 min? Tes tan só 5 min e tes que namorar á audiencia, non terás unha segunda oportunidade para crear unha boa primeira impresión , no taller aprenderás a traballar os 3 bloques craves para que che salga unha presentación espectacular. "Como presentar a túa idea de forma efectiva en tal só 5 minutos" Bloque 1. Presentación visual Bo deseño de diapositivas Coñecer a materia Empezar e acabar con forza Coherencia e control do tempo Repeticións de palabras crave Bloque 2. Presentación corporal Conectar coa audiencia Movemento ,o adecuado Ritmo adecuado Interacción coa audiencia Control da voz Vestimenta acorde Bloque 3. Estuda o recinto Coñece ao teu público Comproba os medios Xestiona o tempo Comproba a contorna Palabras descoñecidas O taller será impartido por Avelino Correa, fundador da APP CreapCuentos. Colaborador de eventos de emprendemento, con máis de 16 anos de experiencia no campo da Tecnoloxías de Información e Comunicación.
18/06/2019 17:00
As novas tecnoloxías están a cambiar de forma moi rápida os métodos de produción tradicionais, un conxunto destas novas tecnoloxías é o que se coñece como Fabricación Dixital. Índice de contidos: FreeCad IV: Bosquexos, banco de traballo Part Design e Sketcher Extrusión e baleirados Restricións de coincidencia, horizontalidad, verticalidad, cotas e igualdade. Cadrados Restricións de simetría, circulos Bosquexos de polígonos, arcos, recortes e redondeos Exercicios Escaner 3D I: Que é e para que serve un escaner 3D? Escaner 3D, tipoloxía Escaner 3D sen contacto activos O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Google My Business converteuse nunha ferramenta destacada para as empresas turísticas onde xestionar elementos chave para a visibilidade da nosa empresa ou marca e o seu posicionamiento na internet. Coñecer os factores para tener unha maior notoriedade nas búsquedas de Google e Google Maps, crear publicacións e anuncios, recibir mensaxes, recibir valoracións e reseñas son só algunhas das suas posibilidades que podes aproveitar para que a túa empresa reciba máis clientes. Contidos: - Crear unha conta en Google My Business - Cómo optimizar a tua conta en Google My Business - Adwords Express - Outros factores clave do SEO Nivel: iniciación O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
18/06/2019 18:00
Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar o uso de Google Data Studio onde se poderán unificar e conectar os datos obtidos nas distintas ferramentas de Google; e outras plataformas e formatos externas, para elaborar informes globais dunha empresa. Deste xeito, poderás visualizalos de forma sinxela e intuitiva, compartilos ou editalos en tempo real. Contido: 1. Que é Google Data Studio? 2. Primeiros pasos para configurar Google Data Studio 3. Coñecendo o editor de Google Data Studio 4. Crear informes a partir dun persoal 5. Crear informes personalizados desde cero + informes en PDF 6. Limitacións de Google Data Studio + Resumo Nivel: Intermedio O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
18/06/2019 18:00
Obradoiro dirixido a pemes e autónomos, que tratará de amosar o uso do comercio electrónico dende a plataforma Prestashop. Veranse aqueles aspectos máis relevantes do comercio electrónico á hora de crear a nosa tenda en liña, ademais do proceso de instalación da plataforma. Contido: Introdución ao Comercio Electrónico Aspectos a ter en conta nunha tenda online PrestaShop: Concepto e proceso de instalación Instalación dunha persoal Personalización dunha persoal Recursos WEB Organización do noso e- commerce Tenda configurada: Xestión de Pedidos e de Clientes Nivel: Iniciación O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
18/06/2019 19:00
O turismo é un dos sectores que máis entran polos ollos, unhas boas fotografías, vistosas e que atraian ao viaxeiro é o que precisamos. O 80% das vendas no sector turístico está determinado polo tipo de imaxe que damos a través dos medios dixitais, debemos coidar as nosas fotografías como establecemento e saber como aproveitar as liñas no espazo. Índice de contidos: 1. Observa a túa contorna 2. Tipos de espazos e a súa importancia 3. Prepara o espazo que vas fotografar 4. Composición e perspectivas. 5. A luz que baña o noso espazo. 6. Detalles que marcan a diferenza. 7. Qué tipo de cámaras podemos usar. Nivel: Iniciación O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa
18/06/2019 19:00
Entender as relacións cos teus clientes é moi importante, especialmente no mundo dixital. O obxectivo principal neste obradoiro é aprender como dar a coñecer a túa mensaxe, produto ou servizo mediante o correo electrónico. Coñeceremos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado destas. Contido: • Introdución ao E-mail Marketing • Como deseñar unha estratexia de E-mail Marketing • Deseño en E-mail Marketing • Ferramentas • Recomendacións para crear campañas perfectas Nivel: Iniciación O obradoiro será impartido por Natalia Martínez, xornalista especializada en comunicación corporativa e márketing dixital, con máis de 10 anos de experiencia executando proxectos dixitais multidisciplinares e asesorando a empresas e marcas. Nos últimos anos foi docente especialista en publicidade dixital e analítica web para o Máster de Márketing Dixital da USC.
Queres presentar de forma efectiva o teu proxecto en tan só 5 min? Tes tan só 5 min e tes que namorar á audiencia, non terás unha segunda oportunidade para crear unha boa primeira impresión , no taller aprenderás a traballar os 3 bloques craves para que che salga unha presentación espectacular. "Como presentar a túa idea de forma efectiva en tal só 5 minutos" Bloque 1. Presentación visual Bo deseño de diapositivas Coñecer a materia Empezar e acabar con forza Coherencia e control do tempo Repeticións de palabras crave Bloque 2. Presentación corporal Conectar coa audiencia Movemento ,o adecuado Ritmo adecuado Interacción coa audiencia Control da voz Vestimenta acorde Bloque 3. Estuda o recinto Coñece ao teu público Comproba os medios Xestiona o tempo Comproba a contorna Palabras descoñecidas O taller será impartido por Avelino Correa, fundador da APP CreapCuentos. Colaborador de eventos de emprendemento, con máis de 16 anos de experiencia no campo da Tecnoloxías de Información e Comunicación.
20/06/2019 17:00
Tener instalado un sistema de reservas y disponibilidad online en nuestra página web hará que nuestro negocio turístico aumente su visibilidad y éxito en internet. Así atraeremos más turistas, que podrán reservar antes nuestro alojamiento, actividades o servicios turísticos, con la fiabilidad de una reserva y una disponibilidad aseguradas. De esta forma nuestra página web será una plataforma interactiva de ventas para ahorrar tiempo e incrementar beneficios. Contenidos: ¿Qué es un motor de reservas? ¿Qué es un channel manager? Ventajas de disponer de un sistema de reservas y disponibilidad online Ejemplos de sistemas de reservas para negocios turísticos y sus funcionalidades. Nivel: Intermedio El taller será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas y Actividades Turísticas por la Universidade de A Coruña con postgrado en Gestión y Dirección de Empresas Turísticas por la Universidade de Santiago de Compostela. En los últimos años ha trabajado como Técnico de dinamización turística y como docente de certificados de profesionalidad en el área de turismo.
Rexistro
Calendario eventos
« | Marzo 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Ciberseguridade, cifrado de dispositivos móbiles01 de abril de 2024 10:30Máis información
- Ferramentas de vídeo con IA- Runway, Hey Gen, Sora04 de abril de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, fallos de seguridade nos modelos de IA xerativa08 de abril de 2024 10:30Máis información
- Promociona o teu negocio co Perfil de empresa de Google10 de abril de 2024 12:00Máis información
- Horizon Workrooms - obradoiro desde o Metaverso11 de abril de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, o que non se ve da navegación na internet15 de abril de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento