Eventos
Eventos
Buscador
09/05/2019 17:00
As actividades no destino xa representan o terceiro compoñente de gasto turístico a nivel global. Este taller está dirixido a empresas turísticas que engloban na súa actividade diversos servizos de lecer e animación, para viaxeiros, turistas e poboación local. Contido: - Introdución - Técnicas de márketing para a súa promoción - Plataformas tecnolóxicas de comercialización - Boas prácticas Nivel: Iniciación O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
09/05/2019 19:00
Los objetivos de este obradoiro son: -Mellorar a competitividade das empresas creando unhas presentacións actuais e modernas -Coñecer que é o márketing emocional e que uso ten nas presentacións comerciais -Coñecer un instrumento de comunicación e vendas efectivo para as empresas - Ofrecer ao cliente un storytelling do seu negocio Índice 1. Que é o márketing emocional e que vantaxes ofrece? 2. Que é unha presentación comercial? 3. Partes dunha presentación comercial 4. Tipos e exemplos de presentacións comerciais 5. Práctica: Como crear a presentación comercial da miña empresa Nivel: Iniciación O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
09/05/2019 19:00
Entender as relacións cos teus clientes é moi importante, especialmente no mundo dixital. O obxectivo principal neste obradoiro é aprender como dar a coñecer a túa mensaxe, produto ou servizo mediante o correo electrónico. Coñeceremos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado destas. Contido: • Introdución ao E-mail Marketing • Como deseñar unha estratexia de E-mail Marketing • Deseño en E-mail Marketing • Ferramentas • Recomendacións para crear campañas perfectas Nivel: Iniciación O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
As redes sociais son un dos recursos modernos que máis se utilizan para atraer a posibles consumidores cara aos nosos produtos ou servizos, xa sexan en liña ou de forma física ao noso local. As fotografías para redes sociais deben atraer ao cliente, contar unha historia, ser creativas e destacar por encima das demais, para iso debemos saber nocións básicas de composición e planos. Veremos tamén como segundo a marca podemos crear diferentes estéticas que nos diferencian dos demais e fannos reconocibles na Internet. Contido 1. Que son as fotografías para redes sociais? 2. Claves para fotografías de RRSS. 3. Planos en función do obxecto ou suxeito. 4. Planos en función da cámara. 5. Que necesitamos para facer unhas boas fotografías? 6. Regras básicas de publicación en redes sociais. Nivel: Iniciación O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
09/05/2019 19:00
Este taller dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar o impacto que está a ter o Inbound Márketing. como unha forma de achegarse ao cliente, sempre poñéndoo no centro das estratexias e lembrando que quen necesita o noso produto/servizo non sempre están listos para comprar. O Inbound Márketing móstrase como un proceso de acompañamento ao cliente ao longo de todo o seu proceso de compra. Contidos: • Que é Inbound Márketing • Beneficios do Inbound Márketing • Como se articula o Inbound Márketing • Márketing de atracción • Como crear a túa buyer persoa ideal • A importancia do funnel ou embude de conversión • Tendencias en Inbound Márketing Nivel: Intermedio O obradoiro será impartido por Natalia Martínez, xornalista especializada en comunicación corporativa e márketing dixital, con máis de 10 anos de experiencia executando proxectos dixitais multidisciplinares e asesorando a empresas e marcas. Nos últimos anos foi docente especialista en publicidade dixital e analítica web para o Máster de Márketing Dixital da USC.
09/05/2019 19:00
Entender as relacións cos teus clientes é moi importante, especialmente no mundo dixital. O obxectivo principal neste obradoiro é aprender como dar a coñecer a túa mensaxe, produto ou servizo mediante o correo electrónico. Coñeceremos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado destas. Contido: • Introdución ao E-mail Marketing • Como deseñar unha estratexia de E-mail Marketing • Deseño en E-mail Marketing • Ferramentas • Recomendacións para crear campañas perfectas Nivel: Iniciación O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
O ser humano é visual por natureza, por iso o traballar os deseños e as imaxes que imos compartir na nosa contorna dixital, e de maneira física é moi importante. Un bo deseño diferéncianos do resto, transmite ideas e envía mensaxes. Neste taller veremos diferentes aspectos sobre composición e deseño, ademais de diferenzas entre as imaxes que se subirán a contornas dixitais, ou as imaxes que usaremos para un acabado de impresión. (Realizarase práctica, sería recomendable traer computador propio para a edición de imaxes). 1. Sen experiencia no deseño? non hai problema. 2. Composición: Principios fundamentais. 3. Regras básicas do deseño gráfico. 4. Elementos para compoñer deseños e imaxes 5. Axustes e termos de imaxes. 6. Imaxes para medios dixitais 7. Imaxes preimpresión 8. Práctica. Nivel: Intermedio O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa
Neste obradoiro explicaranse todas as posibilidades que ofrece G Suite, as ferramentas de Google que permiten aforrar tempo e traballar de maneira máis eficiente. Falarase das diferentes aplicacións e das solucións a medidas adaptadas a cada tipo de empresa. Contido 1- Que é Gsuite? 2- Configuración básica 3- Todas as funcións que ofrece 4- Solucións Nivel: Iniciación O obradoiro será impartido por Natalia Martínez, xornalista especializada en comunicación corporativa e márketing dixital, con máis de 10 anos de experiencia executando proxectos dixitais multidisciplinares e asesorando a empresas e marcas. Nos últimos anos foi docente especialista en publicidade dixital e analítica web para o Máster de Márketing Dixital da USC.
14/05/2019 18:00
Obtén o valor dos teus datos con Google Data Studio Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar o uso de Google Data Studio onde se poderán unificar e conectar os datos obtidos nas distintas ferramentas de Google; e outras plataformas e formatos externas, para elaborar informes globais dunha empresa. Deste xeito, poderás visualizalos de forma sinxela e intuitiva, compartilos ou editalos en tempo real. Contido: 1. Que é Google Data Studio? 2. Primeiros pasos para configurar Google Data Studio 3. Coñecendo o editor de Google Data Studio 4. Crear informes a partir dun persoal 5. Crear informes personalizados desde cero + informes en PDF 6. Limitacións de Google Data Studio + Resumo Nivel: Intermedio O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
14/05/2019 19:00
Entender as relacións cos teus clientes é moi importante, especialmente no mundo dixital. O obxectivo principal neste obradoiro é aprender como dar a coñecer a túa mensaxe, produto ou servizo mediante o correo electrónico. Coñeceremos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado destas. Contido: • Introdución ao E-mail Marketing • Como deseñar unha estratexia de E-mail Marketing • Deseño en E-mail Marketing • Ferramentas • Recomendacións para crear campañas perfectas Nivel: Iniciación O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Rexistro
Calendario eventos
« | Marzo 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Ciberseguridade, cifrado de dispositivos móbiles01 de abril de 2024 10:30Máis información
- Ferramentas de vídeo con IA- Runway, Hey Gen, Sora04 de abril de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, fallos de seguridade nos modelos de IA xerativa08 de abril de 2024 10:30Máis información
- Promociona o teu negocio co Perfil de empresa de Google10 de abril de 2024 12:00Máis información
- Horizon Workrooms - obradoiro desde o Metaverso11 de abril de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, o que non se ve da navegación na internet15 de abril de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento