Eventos

Buscador

    a
Este obradoiro está orientado a aproximarnos ao mundo dos Drons, as normativas, os tipos de drons, as súas diversas aplicacións en enxeñerías así como achegarnos ao software maioritariamente utilizado no emprego de drons. Sen dúbida será un percorrido moi proveitoso polas diversas posibilidades que ofrece este mundo e todas as pequenas características que acaban marcando a diferenza; todo iso seranos exposto por un experto que leva anos traballando con esta tecnoloxía no campo da enxeñería. 

O obradoiro impartirase na Oficina de SmartPeme, situada no viveiro de empresas de Barro-Meis.

Índice de contidos: 

1. Lexislación actual, real decreto 1036/2017 15 de decembro 
2. Tipos de drons e aplicacións 
3. Sensores 
4. Características dos sensores 
5. Aplicacións en enxeñería agrícola 
6. Aplicacións en construción e enxeñería civil 
7. Aplicacións industriais e minería 
8. Software máis utilizado 
9. Ficheiros xerados e tipos de arquivos 
10. Imaxes e datos xeorreferenciados 

O obradoiro será impartido por un membro da empresa InPek Drone, especializada no asesoramento agrícola, dedicándose á agricultura de precisión e mapeo forestal utilizando drons equipados con sensores. Ademais, realizan inspeccións de paneis solares, infraestruturas, construción, industria, redes e sistemas eléctricos, parques eólicos…
Neste obradoiro mostrase a autónomos e micropemes a evolución e tendencias do comercio electrónico, as ferramentas que existen e que están á súa disposición e os aspectos chave que deben ter en conta á hora de optar por unha ou outra solución.

Índice de contidos

• Evolución e perspectivas do comercio electrónico en España
• Tipos de plataformas de venda en liña
• Como elixir a plataforma máis adecuada para o teu negocio

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
Neste obradoiro veremos as peculiaridades técnicas e  compositivas á hora de gravar e montar vídeo cun teléfono ou  tablet. Saber onde esta o micrófono, como debemos soster o terminal ou como manter limpa a lente son aspectos que poden facernos gañar calidade aos nosos vídeos. No ámbito creativo repasaremos as principios básicos da regra dos terzos e o polémico plano vertical en vídeo para redes sociais. Todo se plasmará de forma práctica coa  app gratuíta  FILMORA, dispoñible para  IOS e  Android. (é recomendable ter a aplicación instalada para o curso).

Índice de contido:

• Peculiaridades dun móbil para gravar vídeo.
• Encadre e regra dos terzos.
• Formato panorámico ou vertical ?
• Facer  clips de vídeo.
• Práctica , gravación e montaxe en  Filmora.

O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
Internet supón un cambio na toma de decisión do cliente á hora de escoller un establecemento ou outro. O que antes se facía a través do boca a boca, hoxe, co uso da internet e os dispositivos móbiles, estamos expostos a diferentes portais ou foros onde estas opinións poden resultar beneficiosas sabendo como xestionalas

Índice de contidos

• Internet e tecnoloxías da información: Smartphones e xeolocalización. 
• Portais de opinión.
• Por que mellorar a reputación on- line e claves para facelo.
• Márketing wifi: que é e como utilizalo. 

O obradoiro será impartido por Eva Fernández, Grao en Turismo e Posgrao en Dirección e Xestión de Empresas Turísticas, con máis de 15 anos de experiencia no sector en Xestión, Promoción e Comercialización de destinos e empresas turísticas.
Nesta sesión informativa daremos a coñecer a ferramenta  Whatsapp  Business. Trátase da versión orientada a empresas da popular aplicación de mensaxería  Whatsapp. Con esta  app móbil, as empresas e negocios poden interactuar cos seus clientes dunha forma sinxela e profesional, xa que incorpora novas funcionalidades para organizar, automatizar e responder rapidamente as mensaxes.

Índice de contidos

• Introdución a  Whatsapp
•  Whatsapp  vs.  Whatsapp  Business
• Novas funcionalidades
•  Whatsapp Márketing

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Obradoiro dirixido a pemes e autónomos, que tratará de amosar o uso do comercio electrónico dende a plataforma Prestashop. Poderemos ver aqueles aspectos máis relevantes do comercio electrónico á hora de crear a nosa tenda online, además do proceso de instalación da plataforma.

Índice de contidos

• Introdución
• Aspectos a ter en conta nunha tenda online
• Prestashop: concepto e proceso de intalación
• Instalación dunha plantilla
• Personalización dunha plantilla
• Recursos web

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Google  Search  Console é unha ferramenta totalmente gratuíta que está a disposición de todos os usuarios co fin de axudarlles a mellorar o posicionamento SÉ das páxinas web dunha maneira simple e intuitiva.

O obradoiro céntrase en descubrir como saber manexar cada unha das ferramentas que Google  Search  Console pon a disposición dos empresarios e emprendedores  para optimizar a súa páxina web e ser atopados de maneira rápida e sen erros por Google e os seus robots, o que se traduce nunha procura efectiva para os consumidores finais. O uso de Google  Search  Console é unha estupenda oportunidade para ir subindo posicións nos buscadores e aparecer na primeira páxina de resultados a custo cero.

Índice de contidos

1. Que é Google  Search  Console?
2. Por que debo de usalo?
3. Primeiros pasos para configuralo
4. Mellora os aspectos de procura con Google  Search  Console
5. Consegue aumentar o tráfico da túa páxina web
6. Outras funcións importantes
7. Resumo

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
Este taller correspóndese coa primeira parte dunha serie de talleres nos cales se pretende profundar e ampliar os coñecementos acerca da placa de Arduino, placa impresa cos compoñentes necesarios para que funcione un microcontrolador e a súa comunicación co ordenador. Daranse os primeiros pasos no  desenvolvimiento de proxectos, a utilización de sensores e mostraranse as posibilidades que ofrece para a construción de dispositivos dixitais. 

Por último, comunicarlles que para o desenvolvemento do mesmo será necesario acudir cun ordenador. 

Índide de contidos

- Que é o coñecemento Gratis?
- Que é  o coñecemento Libre e como se diferencia do coñecemento Gratis?
- Que é o proxecto Arduino?
- Que é un Robot?
- Elementos dos Robots
- Dixital e Analóxico
- Os  Pines do Arduino
- Contornas de Texto e Visuais
-  Bitbloq 2

O taller será impartido por Fernando A. Coadas, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D, formador técnico en novas tecnoloxías con máis de 22 anos de experiencia profesional. 
Este taller correspóndese coa primeira parte dunha serie de talleres nos cales se pretende profundar e ampliar os coñecementos acerca da placa de Arduino, placa impresa cos compoñentes necesarios para que funcione un  microcontrolador e a súa comunicación co ordenador. Daranse os primeiros pasos no  desenvolvimiento de proxectos, a utilización de sensores e mostraranse as posibilidades que ofrece para a construción de dispositivos dixitais. 

Por último, comunicarlles que para o desenvolvemento do mesmo será necesario acudir cun ordenador. 

Índide de contidos

- Que é o coñecemento Gratis?
- Que é  o coñecemento Libre e como se diferencia do coñecemento Gratis?
- Que é o proxecto Arduino?
- Que é un Robot?
- Elementos dos Robots
- Dixital e Analóxico
- Os  Pines do Arduino
- Contornas de Texto e Visuais
-  Bitbloq 2

O taller será impartido por Fernando A. Coadas, experto universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D,  formador técnico en novas tecnoloxías con máis de 22 anos de experiencia profesional. 
Neste obradoiro veremos as peculiaridades técnicas e  compositivas á hora de gravar e montar vídeo cun teléfono ou  tablet. Saber onde esta o micrófono, como debemos soster o terminal ou como manter limpa a lente son aspectos que poden facernos gañar calidade aos nosos vídeos. No ámbito creativo repasaremos as principios básicos da regra dos terzos e o polémico plano vertical en vídeo para redes sociais. Todo se plasmará de forma práctica coa  app gratuíta  FILMORA, dispoñible para  IOS e  Android. (é recomendable ter a aplicación instalada para o curso).

Índice de contidos

• Peculiaridades dun móbil para gravar vídeo.
• Encadre e regra dos terzos.
• Formato panorámico ou vertical ?
• Facer  clips de vídeo.
• Práctica , gravación e montaxe en  Filmora.

O obradoiro será impartido por Efrén Rodríguez, fotógrafo e deseñador especializado en produto e bodegón publicitario con máis de sete anos de experiencia no desenvolvemento de produtos gráficos para empresas internacionais do sector da moda e do fotoperiodismo.
Anterior  1 2 3  4 5 6  Seguinte