Eventos

Buscador

    a
(ESTE OBRADOIRO IMPARTIRASE NA SALA DE XUNTAS DO CENTRO COMERCIAL AROUSA)

Desde a súa popularización, o fin último das redes sociais non foi a venda directa, senón o “social selling”. É dicir, a súa utilización por parte de negocios ou profesionais consistía en conectar e fomentar conversacións con posibles clientes e clientes, co fin de establecer unha relación de confianza e acompañalos no proceso de compra. 
Pero, e se unha vez afianzada esta relación de confianza, sen saír da rede social, permitimos que os nosos clientes dispoñan do noso catálogo de produtos para a súa compra (case) directa? Dous das redes con máis usuarios activos na actualidade, Facebook e Instagram, xa o permiten, e neste taller veremos os requisitos, configuración e estratexias para implementar o noso catálogo de produtos en Facebook e poder compralo directamente desde as nosas publicacións en Facebook e Instagram.

Índice de contidos

- Introdución: As RRSS como ferramenta de venda directa
- Crea a túa tenda en Facebook
- Vende a través de Instagram
- Exemplos de éxito

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
En numerosas ocasións os emprendedores e empresas consolidadas lánzanse a realizar accións de márketing online, sen ter un plan de márketing dixital previo: publicar calquera contido e en calquera momento en redes sociais, crear un artigo no blogue sen realizar un estudo previo da temática, facer publicidade sen un obxectivo claro… A consecuencia: o fracaso das súas campañas dixitais. 

Un Plan de Márketing Dixital é esencial para que unha empresa teña éxito na contorna online. Neste taller entenderemos que é un plan de márketing dixital, para que serve e como crear o noso paso a paso cun exemplo real.

Contidos:
•	Que é un Plan de Márketing Dixital
•	Por que o necesito? Beneficios
•	Pasos para crear o teu Plan de Márketing Dixital
•	Exercicio – Exemplo dun Plan

Nivel: Iniciación

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Este obradoiro ten como obxectivo ensinar aos asistentes a importancia de crear un blogue de calidade dentro da súa páxina web, como facelo, os seus beneficios e sobre todo como optimizalo para xeral o maior tráfico desde o posicionamento SEO e as redes sociais

Contido:
- Que é un blogue?
- Como se crea un blogue? Publicación de entradas.
- Aspectos que melloran o posicionamento SÉ.
- Postear entradas en redes sociais. 
- Xera contido para redes sociais co contido estático da túa páxina web.
- Ferramentas de interese.

Nivel: Intermedio

O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
Neste obradoiro mostrarase as múltiples ferramentas que ten Facebook para empresas, ensinarase a como utilizalas para darnos a coñecer e para conseguir máis clientes.

Índice de contidos:
- Por que usar Facebook para a miña empresa?
- Crea unha páxina para a túa empresa 
- Aumenta os seguidores da túa páxina de empresa
- Descobre os beneficios de Facebook Ads
- Estas son as ferramentas de axuda de Facebook

Nivel: iniciación

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
Na fotografía de produto temos moitas posibilidades e factores a ter en conta para chegar ao resultado final que necesitamos. Na fotografía de xoiería este resultado adquire maior dificultade, as pezas de xoiería deben ser fotografadas con mimo e coidando cada detalle coma se fose o máis importante. 
No taller veremos trucos para realizar estas fotografías e como editalas con programas de retoque.

(Realizarase práctica, sería recomendable traer computador propio para a edición de imaxes).

1. Que dificultades principais preséntanse. 
2. Diferenza entre render e foto de produto, e foto para RRSS 
3. Erros máis comúns nas fotos de produto. 
4. Composición das fotografías 
5. Tipos de fondos. 
6. Debemos ter en conta 
7. Retoque e edición.

Nivel: Iniciación 

O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa
As novas tecnoloxías están a cambiar de forma moi rápida os métodos de produción tradicionais, un conxunto destas novas tecnoloxías é o que se coñece como Fabricación Dixital.

Índice de contidos:

FreeCad V:
		 Extrusión  axial
		 Extrusión por traxectoria
		Interpolación de seccións,  helices, roscas e  extrusiones por  torsión
		 Thickness
		Exercicios	
Escaner 3D II:
	 Nuve de puntos
	Principais usos e exemplos
	 Escaneado práctico

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
As actividades no destino xa representan o terceiro compoñente de gasto turístico a nivel global. Este taller está dirixido a empresas turísticas que engloban na súa actividade diversos servizos de lecer e animación, para viaxeiros, turistas e poboación local.

Contido:
- Introdución
- Técnicas de márketing para a súa promoción
- Plataformas tecnolóxicas de comercialización
- Boas prácticas

Nivel: Iniciación

O obradoiro será impartido por Eva Fernández Gómez, Grao en Turismo e Posgrao en Dirección e Xestión de empresas turísticas, con máis de 15 anos de experiencia no sector turístico en Xestión, promoción e comercialización de destinos e empresas turísticas.
Este obradoiro dirixido a pemes e autónomos, tratará de mostrar o uso de Google Data Studio onde se poderán unificar e conectar os datos obtidos nas distintas ferramentas de Google; e outras plataformas e formatos externas, para elaborar informes globais dunha empresa. Deste xeito, poderás visualizalos de forma sinxela e intuitiva, compartilos ou editalos en tempo real.


Contido:
1. Que é Google Data Studio?
2. Primeiros pasos para configurar Google Data Studio
3. Coñecendo o editor de Google Data Studio
4. Crear informes a partir dun persoal
5. Crear informes personalizados desde cero + informes en PDF
6. Limitacións de Google Data Studio + Resumo

Nivel: Intermedio

O obradoiro será impartido por Natalia Martínez, xornalista especializada en comunicación corporativa e márketing dixital, con máis de 10 anos de experiencia executando proxectos dixitais multidisciplinares e asesorando a empresas e marcas. Nos últimos anos foi docente especialista en publicidade dixital e analítica web para o Máster de Márketing Dixital da USC.
O ser humano é visual por natureza, por iso o traballar os deseños e as imaxes que imos compartir na nosa contorna dixital, e de maneira física é moi importante.

Un bo deseño diferéncianos do resto, transmite ideas e envía mensaxes. Neste taller veremos diferentes aspectos sobre composición e deseño, ademais de diferenzas entre as imaxes que se subirán a contornas dixitais, ou as imaxes que usaremos para un acabado de impresión.

(Realizarase práctica, sería recomendable traer computador propio para a edición de imaxes).

1. Sen experiencia no deseño? non hai problema. 
2. Composición: Principios fundamentais. 
3. Regras básicas do deseño gráfico. 
4. Elementos para compoñer deseños e imaxes 
5. Axustes e termos de imaxes. 
6. Imaxes para medios dixitais 
7. Imaxes preimpresión 
8. Práctica.

Nivel: Intermedio

O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa
De uso sinxelo e con un gran publico potencial, permite aos profesionais e ás empresas conectar de forma rápida coa súa audiencia, creando unha imaxe de marca cércana formando unha comunidade activa arredor da mesma.
Neste taller adestrarémonos en Instagram dende o enfoque profesional, coñecendo as funcionalidades que nos ofrece e recomendando a estratexia a seguir nela en función dos nosos obxectivos. 

Índice de contidos

• Introdución a Instagram
• Por que a miña empresa debería estar en Instagram?
• O perfil de empresa en Instagram
• Estratexia de contidos
• Marcas nas que inspirarte

Nivel: iniciación

Este obradoiro impartirase no viveiro de empresas de A Estrada

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
Anterior  1 2 3 4  5  Seguinte

Calendario eventos

« Abril 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30