Eventos

Buscador

    a
Obradoiro telemático a través de Zoom

Coa irrupción do COVID 19 no ano 2020, moitas empresas, persoas traballadoras e autónomos víronse afectadas a desempeñar o seu traballo dende as súas casas. Con esta situación en remoto, as persoas profesionais tiveron que empregar ferramentas e técnicas de produtividade e rendemento no traballo que ata o de agora eran descoñecidas para elas. Neste obradoiro, aprenderás técnicas de produtividade e tamén cómo xestionar ferramentas que permitan transformar o traballo: Trello e outras apps de almacenamento, calendarización ou colaboración de tareas.

En mellora a túa produtividade con  Trello e outras aplicacións I tratarase: 

1) Teletraballo e produtividade 

2)  Trello

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa

Inscricións a través da seguinte ligazón:
Traballar o SEO é a mellor forma de que os usuarios de Google poidan atoparche por medio das procuras que realizan. Neste primeiro taller achegarémonos aos conceptos básicos que o compoñen e veremos o proceso de transformación dun sitio web para mellorar o posicionamento nos principais buscadores, aumentando así o tráfico de usuarios ou clientes.

Índice Contidos

1. Introdución e Conceptos Básicos SEO.
2. Que son e para que serven as palabras crave? Deseña a túa estratexia.
3. Factores SEO técnico na páxina web: diagnóstico, ferramentas e optimización

O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.

Inscricións a través da seguinte ligazón:.
Onshape é un software de debuxo 3D na nube, ten unha interface sinxela e intuitiva que facilita a súa aprendizaxe, funciona nun navegador web e ten unha versión gratuíta. O obxectivo deste itinerario formativo é permitir ao usuario usar o software facendo diferentes debuxos que realizaremos paso a paso. O itinerario consta de 10 sesións dunha hora cada unha e divídese en tres seccións, PartStudio, Assembly e un proxecto de desenvolvemento completo.

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Taller telemático a través de Zoom.

Coa irrupción do COVID 19 no ano 2020, moitas empresas, persoas traballadoras e autónomos víronse afectadas a desempeñar o seu traballo dende as súas casas. Con esta situación en remoto, as persoas profesionais tiveron que empregar ferramentas e técnicas de produtividade e rendemento no traballo que ata o de agora eran descoñecidas para elas. Neste obradoiro, aprenderás técnicas de produtividade e tamén cómo xestionar ferramentas que permitan transformar o traballo: Trello e outras apps de almacenamento, calendarización ou colaboración de tarefas.

En Mellora a túa produtividade con Trello e outras aplicacións II, tratarase sobre outras ferramentas de produtividade como: Evernote, Todoist, Toggl e Slack.

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.

Inscricións a través da seguinte ligazón:
O segundo obradoiro dedicado ao SEO tratará sobre os factores externos que afectan á nosa páxina web e que inflúen no seu posicionamento e veremos as mellores prácticas SEO e a forma de medilas con analítica web para comprender e mellorar os resultados.

Índice Contidos

1. Factores SEO Semántico na páxina web: diagnóstico, ferramentas e optimización.
2. Acciones SEO fora da páxina web: ligazóns externas e estratexias de linkbuilding.
3. Introdución á analítica web e guía de boas prácticas á hora de posicionar a nosa web

O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.

Inscricións a través da seguinte ligazón:
Onshape é un software de debuxo 3D na nube, ten unha interface sinxela e intuitiva que facilita a súa aprendizaxe, funciona nun navegador web e ten unha versión gratuíta. O obxectivo deste itinerario formativo é permitir ao usuario usar o software facendo diferentes debuxos que realizaremos paso a paso. O itinerario consta de 10 sesións dunha hora cada unha e divídese en tres seccións, PartStudio, Assembly e un proxecto de desenvolvemento completo.

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Neste taller dedicado a empresas, persoas emprendedoras e autónomos do sector turístico, falaremos das tendencias de viaxe globais e locais, aprenderemos como converterse en anfitrión de aloxamentos e cales son as condicións e vantaxes de formar parte dunha plataforma dixital. 

1. SmartPeme e Airbnb
2. Tendencias de viaxes e turismo rural
3. Ofrecer aloxamentos en  Airbnb
4. Recursos
5. Preguntas e respostas

O taller será impartido por Carla Moreno de  Tejada unha das  market  manager dos aloxamentos  Airbnb en España e Portugal. Desde 2019, encárgase de axudar aos anfitrións locais a facer crecer o seu negocio e a súa competitividade a través a creación e optimización dos seus aloxamentos en  Airbnb

Neste taller dedicado a empresas, persoas emprendedoras e autónomos do sector turístico e recreativo, falaremos das tendencias de viaxe global e local, aprenderemos que son as experiencias de  Airbnb, as vantaxes de converterse en anfitrión de experiencias e como escribir unha boa experiencia. 

1. SmartPeme &  Airbnb
2. Tendencias de viaxes e turismo rural
3. Crear experiencias en  Airbnb
4. Recursos
5. Preguntas e respostas

Este taller será impartido por Federica  Petruccio, market manager das experiencias  Airbnb en España e Portugal. Desde 2018, encárgase de axudar aos anfitrións locais a facer crecer o seu negocio e a súa competitividade a través a creación e optimización das experiencias en  Airbnb
Prestashop é un Sistema de xestión de contidos (CMS) libre e de código aberto, pensado para construír desde cero tendas en liña de comercio electrónico, para pequenas empresas ou grandes corporacións.
O obxectivo destes talleres é falar sobre o e- commerce e instalar a nosa tenda de  Prestashop, coñecela, cargar produtos, actualizala, adaptándoa ás necesidades do negocio.

Parte I:
• Que é o E- commerce?
• Tipos de E- commerce.
• Aspectos Legais do E- commerce.
• Como funciona unha Tenda En liña?
• Aspectos a ter en conta na estrutura da túa tenda.
• Como instalar a túa Tenda En liña?

O tobradoiro será impartido por Guillermo  Nass, TSU en Deseñador Gráfico Publicitario do Colexio Universitario Monseñor de  Talavera, entusiasta da cor e do deseño con experiencia en web,  Wordpress, posicionamento en redes sociais, márketing dixital, entre outros.

Inscricións na seguinte ligazón:

1  2  Seguinte