Eventos

Buscador

    a
A través da OAPR Ponteareas organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme.

Obradoiro telemático a través de Zoom.

Neste obradoiro búscase orientar as empresas e autónomos cara a unha mellora dos seus sistemas de almacenaxe actuais a través dos novos servizos ofrecidos na internet, xa que o uso desta ferramenta permítelle á empresa reducir os seus custos e garantir un mellor tempo de actividade dos servizos mencionados.

Índice de contidos
1. A nube: concepto e analoxías
2. Por que almacenar na nube?
3. Vantaxes e desvantaxes
4. Dropbox
5. Vinculación de conta
6. Google Drive
7. OneDrive
8. Box

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital
A través da OAPR Cambados organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme.

Obradoiro telemático a través de Zoom.

Este obradoiro dirixido a pemes, autónomos e emprendedores onde se tratará de contextualizar e mostrar que é un Bot e como podemos utilizar os ChatBot como modelo da automatización da atención ao cliente.

Índice de contidos:

1. Definición
2. Tipoloxías
3. Ferramentas para crear o noso propio ChatBot
4. Caso práctico: ChatBot para Facebook

O obraodoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos.
A través da OAPR Cambados organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme.

Obradoiro telemático a través de Zoom.

Comprender as túas relacións cos clientes é relevante, especialmente no mundo dixital.
O obxectivo deste obradoiro é aprender a transmitir a túa mensaxe, produto e/ou servizo a través do correo electrónico.

Aprenderemos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o teu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e os seus resultados.

Índice de contidos:
1. Introdución ao email marketing
2. Deseña a túa estratexia de marketing por correo electrónico
3. Deseño en email marketing
4. Ferramentas
5. Recomendacións para crear campañas perfectas
6. Crea unha conta gratuíta en BenchmarkEmail
7. Crea unha campaña de correo electrónico
8. Contidos: estrutura e modelos
9. Público: público obxectivo
10. Informes

O obradoiro será impartido por Jose Luis Taboada, asesor da OAPR Cambados con máis de 25 anos no sector e especializado en sistemas informáticos.
A través da OAPR Ponteareas organízase o seguinte obradoiro para SmartPeme.

Obradoiro telemático a través de Zoom.

De uso sinxelo e con un gran publico potencial, permite aos profesionais e ás empresas conectar de forma rápida coa súa audiencia, creando unha imaxe de marca cercana formando unha comunidade activa arredor da mesma.

Neste taller adestrarémonos en Instagram dende o enfoque profesional, coñecendo as funcionalidades que nos ofrece e recomendando a estratexia a seguir nela en función dos nosos obxectivos.

Índice de contidos
1. Introdución a Instagram
2. Por que a miña empresa debería estar en Instagram?
3. O perfil de empresa en Instagram
4. Estratexia de contidos
5. Marcas nas que inspirarte

O obradoiro será impartido por Guillermo Nass, TSU en Deseñador Gráfico Publicitario do Colexio Universitario Monseñor de Talavera, entusiasta da cor e do deseño con experiencia en web, Wordpress, posicionamento en redes sociais, márketing dixital, entre outros.