Eventos
Eventos
Buscador
25/06/2019 19:00
Contidos: Que é o Copywriting? Tipos de Copywriting Como escribir un bo copy Como usar o copywriting na miña web Como usar o copywriting nas miñas redes sociais O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
25/06/2019 19:00
Entender as relacións cos teus clientes é moi importante, especialmente no mundo dixital. O obxectivo principal neste obradoiro é aprender como dar a coñecer a túa mensaxe, produto ou servizo mediante o correo electrónico. Coñeceremos as vantaxes de utilizar unha ferramenta específica para iso, como mellorar o seu deseño, medir o impacto das túas diferentes campañas e o resultado destas. Contido: • Introdución ao E-mail Marketing • Como deseñar unha estratexia de E-mail Marketing • Deseño en E-mail Marketing • Ferramentas • Recomendacións para crear campañas perfectas Nivel: Iniciación O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
O ser humano é visual por natureza, por iso o traballar os deseños e as imaxes que imos compartir na nosa contorna dixital, e de maneira física é moi importante. Un bo deseño diferéncianos do resto, transmite ideas e envía mensaxes. Neste taller veremos diferentes aspectos sobre composición e deseño, ademais de diferenzas entre as imaxes que se subirán a contornas dixitais, ou as imaxes que usaremos para un acabado de impresión. (Realizarase práctica, sería recomendable traer computador propio para a edición de imaxes). 1. Sen experiencia no deseño? non hai problema. 2. Composición: Principios fundamentais. 3. Regras básicas do deseño gráfico. 4. Elementos para compoñer deseños e imaxes 5. Axustes e termos de imaxes. 6. Imaxes para medios dixitais 7. Imaxes preimpresión 8. Práctica. Nivel: Intermedio O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa
A día de hoxe todo o mundo oíu falar do SEO e do SEM pero, coñecemos realmente a importancia de traballar correctamente estes dous termos? Unha estratexia efectiva de posicionamento nos motores de procura ten como base a elección dunhas boas palabras crave adaptadas ao público obxectivo ao que nos diriximos, isto é sen dúbida a clave do éxito. Neste taller ensinarémosche a buscar as palabras crave adecuadas coas ferramentas que dispón o mercado actualmente para garantir un oco no mercado online e xerar o maior número de vendas posible. Nivel: Iniciación Contido 1. A importancia do SEO 2. A importancia do SEM 3. Como se buscan as palabra crave? 4. Aplicación das palabras crave 5. Ferramentas Nivel: Iniciación O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
27/06/2019 19:00
Neste obradoiro aprenderemos a planificar a nosa axenda e a dos nosos empregados desde esta aplicación na nube, sincronizando Google Calendar nos nosos dispositivos móbiles coa nosa axenda de contactos en Google. Podemos crear múltiples calendarios compartidos entre os diferentes usuarios da organización ou externos e organizar as citas cos nosos clientes ou provedores convidándoos a diferentes eventos, ós que nos darán a súa previa aceptación. Índice de contidos: • Planificación das miñas tarefas e reunións • Creación e xestión de calendarios compartidos cos nosos empregados ou de perfís distintos dentro da empresa • Invitación a reunións e citas cos nosos clientes ou provedores esixindo a súa aceptación • Conexión coa axenda de contactos • Sincronización cos dispositivos móbiles Nivel: Iniciación O obradoiro será impartido por Natalia Martínez, xornalista especializada en comunicación corporativa e márketing dixital, con máis de 10 anos de experiencia executando proxectos dixitais multidisciplinares e asesorando a empresas e marcas. Nos últimos anos foi docente especialista en publicidade dixital e analítica web para o Máster de Márketing Dixital da USC.
27/06/2019 19:00
Los objetivos de este obradoiro son: -Mellorar a competitividade das empresas creando unhas presentacións actuais e modernas -Coñecer que é o márketing emocional e que uso ten nas presentacións comerciais -Coñecer un instrumento de comunicación e vendas efectivo para as empresas - Ofrecer ao cliente un storytelling do seu negocio Índice 1. Que é o márketing emocional e que vantaxes ofrece? 2. Que é unha presentación comercial? 3. Partes dunha presentación comercial 4. Tipos e exemplos de presentacións comerciais 5. Práctica: Como crear a presentación comercial da miña empresa Nivel: Iniciación O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
Rexistro
Calendario eventos
« | Marzo 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Ciberseguridade, cifrado de dispositivos móbiles01 de abril de 2024 10:30Máis información
- Ferramentas de vídeo con IA- Runway, Hey Gen, Sora04 de abril de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, fallos de seguridade nos modelos de IA xerativa08 de abril de 2024 10:30Máis información
- Promociona o teu negocio co Perfil de empresa de Google10 de abril de 2024 12:00Máis información
- Horizon Workrooms - obradoiro desde o Metaverso11 de abril de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, o que non se ve da navegación na internet15 de abril de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento