Eventos
Eventos
Buscador
Obradoiro formativo en ciberseguridade co obxectivo de concienciarnos na necesidade de protexer o noso negocio contra posibles ataques, saber se estamos suficientemente protexidos e en caso negativo, unha pequena guía en 11 pasos co que recomendamos adoptar para estar protexidos. O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
14/03/2019 19:00
Imos coñecer a técnica coñecida como Bokeh, que consiste no efecto óptico mediante o cal enfocamos ben o elemento principal e deixamos o resto dos elementos desenfocados, normalmente luces desenfocadas, resultando por ela unha técnica práctica para conseguir que as túas fotos resalten este nadal. Índice de contidos: - Que é o bokeh? - Como se consegue ese desenfoque? - Bokeh con smartphones - Mellora a túa composición utilizando esta técnica - Bokeh con formas, que necesito? O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
14/03/2019 19:00
O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
14/03/2019 19:00
Desde a súa popularización, o fin último das redes sociais non foi a venda directa, senón o “social selling”. É dicir, a súa utilización por parte de negocios ou profesionais consistía en conectar e fomentar conversacións con posibles clientes e clientes, co fin de establecer unha relación de confianza e acompañalos no proceso de compra. Pero, e se unha vez afianzada esta relación de confianza, sen saír da rede social, permitimos que os nosos clientes dispoñan do noso catálogo de produtos para a súa compra (case) directa? Dous das redes con máis usuarios activos na actualidade, Facebook e Instagram, xa o permiten, e neste taller veremos os requisitos, configuración e estratexias para implementar o noso catálogo de produtos en Facebook e poder compralo directamente desde as nosas publicacións en Facebook e Instagram. Índice de contidos: - Introdución: As RRSS como ferramenta de venda directa - Crea a túa tenda en Facebook - Vende a través de Instagram - Exemplos de éxito O obradoiro será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de mercadotecnia e dirección comercial, pola Universidade da Coruña e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade de Vigo, con mais de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.
14/03/2019 19:00
Hoxe en día triunfa o contido efémero nas redes sociais: contidos numerosos, de consumo rápido e cunha calidade inferior á do contido permanente. Por que se fixo tan popular este formato? Neste taller responderemos a estas preguntas e coñeceremos como crear este tipo de contido a través das Historias ( Stories) de Facebook e Instagram, sempre integrados na nosa estratexia de márketing. Índice de contidos: • Importancia do contido efémero en RRSS: As " Stories" • Facebook Stories • Instagram Stories • Estratexia de contidos O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
21/03/2019 17:00
Instagram é unha das redes sociais que hoxe en día está máis de “moda” sobre todo no ámbito do turismo. Implementando unha boa estratexia de márketing poderás atraer a un público máis cualificado e alongar a súa experiencia co teu produto. Calquera usuario, ao ver unha imaxe en Instagram dalgún produto/destino/establecemento turístico, pode sentir a necesidade coñecerche, converténdose tamén nun prescritor a túa marca, contando a súa experiencia coas súas propias imaxes. Índice de contidos: • Introdución. • Guía rápida de creación da túa conta en Instagram para empresas. • Consellos de uso para gañar visibilidade. • Ferramentas para optimizar a presenza do teu negocio. • Publicidade en Instagram: Instagram ads e “ Instagram stories" O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
21/03/2019 18:00
O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
21/03/2019 18:00
A analítica web é unha ferramenta de negocio que nos axuda a entender o comportamento dos usuarios no noso sitio web para que podamos mellorar a súa experiencia e conseguir os nosos obxectivos. Obtendo esta información e interpretándoa correctamente, poderemos chegar á toma de decisións óptima e corrixir pautas para mellorar os nosos obxectivos comerciais. Índice de contidos: • Introdución, metodoloxía e importancia da analítica web • Como funciona Google Analytics? • Creación dunha conta e código de seguimento • Conceptos e métricas básicas • Os obxectivos – Embudes de conversión • Informes estándar • Informes personalizados O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
21/03/2019 19:00
Hoxe en día triunfa o contido efémero nas redes sociais: contidos numerosos, de consumo rápido e cunha calidade inferior á do contido permanente. Por que se fixo tan popular este formato? Neste taller responderemos a estas preguntas e coñeceremos como crear este tipo de contido a través das Historias ( Stories) de Facebook e Instagram, sempre integrados na nosa estratexia de márketing. Índice de contidos: • Importancia do contido efémero en RRSS: As "" Stories"" • Facebook Stories • Instagram Stories • Estratexia de contidos O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
O obxectivo deste taller é dar a coñecer dúas ferramentas de Google, enfocadas a negocios locais que busquen unha maior visibilidade. Google My Business e Google Adwords Express están pensados para facilitar o aproveitamento, por parte dos pequenos comercios, das posibilidades da Geolocalización e as procuras que os seus potenciais clientes poidan facer, empregando o buscador de Google. Índice de contidos: "• Google My business o Que é? o Servizos que oferta o Como funciona? o Vantaxes • Google Adwords Express" o Qué é? o Como funciona? o Vantaxes • Diferenzas entre Google Adwords e Google Adwords Express • Coste dos servizos O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
Rexistro
Calendario eventos
« | Abril 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 |
- Ciberseguridade, que é o malware22 de abril de 2024 10:30Máis información
- Programación con Arduino Módulo I - Parte II24 de abril de 2024 10:30Máis información
- Instagram para principiantes I26 de abril de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, o Phishing29 de abril de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento