Todo o que necesitas saber para rexistrar a túa marca e protexer o teu negocio

Data Inicio:  11/04/2023 11:00    
Data Fin:  11/04/2023 12:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Queres protexer o teu negocio e destacar no mercado? Entón non te podes perder esta charla.

Índice de contidos:

- Identificar os elementos clave dunha marca e como rexistrala correctamente.
- Coñecer os diferentes tipos de marcas e cal é o máis adecuado para o teu negocio.
- Entender como funciona a propiedade intelectual e como protexer as túas ideas e deseños.
- Coñecer as mellores prácticas para protexer a túa marca e evitar conflitos legais.

O obradoiro será impartido por José Manuel Sendín Rodriguez, licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, avogado e socio do despacho SISTEMIUS. Nos últimos anos traballou asesorando a empresas e emprendedores na protección da súa propiedade intelectual e industrial.
Url do Evento: https://forms.gle/QjjsCk4wPWtQttzW7
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse