Técnicas de márketing para a promoción de tours e experiencias

Data Inicio:  23/03/2023 17:00    
Data Fin:  23/03/2023 18:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Cambados 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

As actividades no destino xa representan o terceiro compoñente do gasto turístico a nivel mundial.
Comparado con outros segmentos da industria turística, o espazo de experiencia segue a ser un mercado fragmentado. Con cifras de negocio en constante crecemento, as grandes OTA fan un firme compromiso coa compra de portais especializados en liña e promoven este segmento con importantes partidas orzamentarias dedicadas á publicidade.

Este obradoiro está dirixido a empresas turísticas que inclúen diversos servizos de ocio e entretemento para viaxeiros, turistas e para a poboación local.

Índice de contidos:
. Introdución
. Marketing directo.
. Optimización de canles en liña.

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
Url do Evento: https://forms.gle/H6tHxWHseX4D9iB27
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse