Accións que promoven a igualdade de xénero no teu negocio

Data Inicio:  07/03/2023 12:00    
Data Fin:  07/03/2023 13:30 Duración:  1:30
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Neste obradoiro veremos como a igualdade de xénero real vai máis aló da regulación normativa e implica unha concreción material:  Implica a tutela dos dereitos de todas as persoas que, independentemente das súas diferenzas han de ser respectadas e tratadas como iguais.

Ademais, En España, nas últimas décadas, a partir da progresiva incorporación das mulleres ao mercado laboral, produciuse un dos cambios sociais máis importantes, e por iso, falarase de como, as accións positivas dentro das relacións laborais, constitúen un elemento básico de actuación para integrar de modo efectivo a igualdade entre homes e mulleres.

Por último, reflexaremos como a linguaxe inclúente é aquela que posibilita que mulleres e homes sexan nomeadas e nomeados tendo en conta o sexo ao cal pertencen, sen subordinación nin invisibilización de ningún dos sexos.

Índice:
•	introdución
•	igualdade legal
•	igualdade real
•	a empresa como ámbito estratéxico de actuación
•	medidas para unha igualdade real
•	comunicación inclusiva

O obradoiro será impartido por Paz Ares, Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Vigo na especialidade de economía pública, cun Máster en Formación do profesorado pola Universidade de Vigo, e experiencia profesional no sector financeiro e educativo.
Url do Evento: https://forms.gle/rzpKzic3f4NeQ8wE8
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse

Calendario eventos

« Abril 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30