Vídeo márketing II – Animacións e gifs feitas con fotografía de produto.

Data Inicio:  27/02/2023 18:00    
Data Fin:  27/02/2023 19:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Ponteareas 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

As redes sociais crecen cada día, e aos poucos van dando máis oportunidades para compartir contido realizado de diferentes formas, o contido audiovisual está en máxima tendencia, e fíxose un oco bastante importante en redes sociais. É a hora de comezar a xerar este tipo de contido, é interesante, dinámico e fácil de visualizar e compartir, moito máis viral que calquera outro contido.
É unha alternativa perfecta para comezar a traballar de maneira activa e profesional os nosos perfís de redes sociais.

VÍDEO MARKETING II – Animacións e gifs feitas con fotografía de produto.

En ocasións temos fotografías de produto sinxelas e que mostran o produto sen máis, engadir algún efecto, gif, ou animación dálle ao noso contido un efecto diferente e poténciao, aprenderás a facer este tipo de animacións con ferramentas sinxelas.
1. Tipos de vídeos ou gifs a realizar.
2. Preparación de recursos gráficos (recorte de elementos, fotos e logo).
3. Animación e gifs con canva.
4. (Outras apps ou programas para gifs ou animacións).

O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
Url do Evento: https://forms.gle/m496tR6HkRury58d6
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse