Evento
Sustentabilidade turística: selos e certificacións
Data Inicio: | 31/01/2023 11:00 | ||
Data Fin: | 31/01/2023 12:00 | Duración: | 1:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Ponteareas | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom. Debido á gran expansión do sector turístico nas últimas décadas, a actividade turística xera diversos impactos nos destinos nos que se atopa presente, influíndo principalmente en tres áreas: a económica, a sociocultural e a ambiental. O principal obxectivo da xestión sostible é conter os impactos negativos, para minimizalos, e que se poidan compensar con medidas positivas. Os sistemas de xestión da sustentabilidade para empresas e destinos turísticos, son unha axuda para orientar ás entidades para establecer criterios de xestión sostible e unha ferramenta para acreditar o seu compromiso. A adhesión e o traballo nestes sistemas adoita reflectirse na obtención de certificacións ou selos que avalan o esforzo realizado nesta materia, para a diferenciación e poder comunicar o seu recoñecemento a todos os visitantes e outros actores implicados. Contido: 1. Introdución 2. ¿Qué e a sustentabilidade? 4. Selos e certificacións 5. Boas prácticas O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo. | |||
Url do Evento: | https://forms.gle/9UCZjgr6kc8iLVCp8 |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse
Rexistro
Calendario eventos
« | Marzo 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Ciberseguridade, cifrado de dispositivos móbiles01 de abril de 2024 10:30Máis información
- Ferramentas de vídeo con IA- Runway, Hey Gen, Sora04 de abril de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, fallos de seguridade nos modelos de IA xerativa08 de abril de 2024 10:30Máis información
- Promociona o teu negocio co Perfil de empresa de Google10 de abril de 2024 12:00Máis información
- Horizon Workrooms - obradoiro desde o Metaverso11 de abril de 2024 11:00Máis información
- Ciberseguridade, o que non se ve da navegación na internet15 de abril de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento