Que é o IVE e como funciona

Data Inicio:  15/12/2022 12:00    
Data Fin:  15/12/2022 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Os impostos son ingresos públicos constituídos por obrigacións esixidas pola 
Administración Pública aos contribuíntes coa finalidade de obter recursos para facer fronte aos gastos públicos. Neste taller imos desenvolver os principais aspectos dun destes tributos; o imposto do valor engadido (IVE).

1.	Concepto e natureza
2.	Características do IVE
3.	Réximes
4.	Base impoñible
5.	Tipos de gravame
6.	Modelos e prazos de presentación
7.	Obrigacións formais: libros rexistro
8.	Conclusións

O obradoiro será impartido por Paz Ares, Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Vigo na especialidade de economía pública, cun Máster en Formación do profesorado pola Universidade de Vigo, e experiencia profesional no sector financeiro e educativo.
Url do Evento: https://forms.gle/7kyz42iRTD2sn9nJ8
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse