Programación con Arduino II. Teórico III

Data Inicio:  02/12/2022 11:00    
Data Fin:  02/12/2022 13:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Barro-Meis 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
O obxectivo do itinerario é o de iniciarse e adquirir certa soltura cun das linguaxes de programación máis populares actualmente como é Arduino, farémolo desenvolvendo unha serie de talleres teóricos en liña e realizaremos talleres prácticos para experimentar o aprendido desenvolvendo montaxes como programar unha man mecatrónica, un brazo robótico ou un sistema hidropónico.

O itinerario completo é de 24h de formación, 12 teóricas e 12 prácticas.

Divídese en dous partes:

-Programación con Arduino I, son 4 talleres 3 deles teóricos de 2 horas de duración cada un e en liña e un cuarto taller práctico presencial de 4 horas. Facendo un total de 10h formativas.

-Programación con Arduino II, son 5 talleres 3 deles teóricos de 2 horas cada un e en liña e outros 2 prácticos presenciais de 4 horas cada un. Facendo un total de 14 horas formativas.

Índice de contidos:

-	Funcións
-	Hidroponía conceptos básicos
-	Programación sistema hidropónico

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Url do Evento: https://forms.gle/R6Djwcvwb5TgEF8q6
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse