Como facer campañas de márketing con influencers

Data Inicio:  25/10/2022 12:00    
Data Fin:  25/10/2022 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Ponteareas 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

A figura do influencer nas redes sociais non para de gañar peso e evolucionar da man das tendencias de consumo e creación de contido do momento. Os miles, mesmo millóns de usuarios que seguen a estes perfís sociais téñenos en conta como fontes fiables de información e referencia en gustos e estilo, o que significa que o público que consome o contido do influencer sexa totalmente receptivo á información que lles chega pola súa banda. Como marca, debemos ter en conta este tipo de márketing para conseguir incrementar as vendas e conseguir crecer na comunidade que tratamos de crear en redes sociais. No obradiro veremos os seguintes puntos: 

1.	que é o márketing con influencers?
2.	Plataformas máis usadas
3.	Tipos de influencers
4.	Beneficios do márketing con influencers
5.	Consellos para crear unha campaña efectiva
6.	Conclusións

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
Url do Evento: https://forms.gle/uqWRjp2UrDPqVxpR6
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse

Calendario eventos

« Abril 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30