Produtos de financiamento bancario para a túa idea de negocio

Data Inicio:  26/10/2022 12:00    
Data Fin:  26/10/2022 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Un tema de especial relevancia dentro do mundo empresarial é o coñecemento dos produtos existentes para poder emprender con axuda das entidades financeiras. 
O taller inclúe unha sesión na que se expón definir as distintas opcións de financiamento, así como consellos para entender o seu funcionamento e aprender a saber cal é o produto idóneo en función das necesidades en cada momento da nosa traxectoria empresarial.

CONTIDOS:

•Introdución
•Financiamento alleo a L/P: Préstamos a l/p, empréstitos, leasing, renting
•Financiamento alleo a C/P: préstamos a c/P, créditos a c/p, créditos comerciais, desconto comercial, factoring e fontes de financiamento espontáneas


O obradoiro será impartido por Paz Ares, Licenciada en Ciencias Económicas e Empresariais pola Universidade de Vigo na especialidade de economía pública, cun Máster en Formación do profesorado pola Universidade de Vigo, e experiencia profesional no sector financeiro e educativo.
Url do Evento: https://forms.gle/bSDfmiVgYmmdfrkz9
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse