Como usar LinkedIn para empresas e profesionais

Data Inicio:  28/09/2022 17:00    
Data Fin:  28/09/2022 18:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom

Linkedin permítenos situarnos como expertos no noso sector, ofrecer os nosos servizos, promover contidos e xerar unha marca persoal.
No obradoiro de Linkedin veremos como crear un perfil profesional e unha páxina de empresa optimizada e como potenciar a nosa marca na rede profesional por excelencia.

Índice de contidos:

1. Introdución a Linkedin
2. Perfil profesional
3. Páxina de empresa
4. Promociona os teus produtos e/ou servizos

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
Url do Evento: https://forms.gle/WpKVs8E1WzhXT5sk6
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse