Como facturar electronicamente para as empresas e administracións públicas

Data Inicio:  20/09/2022 12:00    
Data Fin:  20/09/2022 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Cambados 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Obxectivo:

Este obradoiro ten como obxectivo demostrar que a factura electrónica é unha solución máis económica e eficaz que a factura convencional, reducindo custos (papel, medios de comunicación, etc.) e tempo de xestión administrativa de calquera autónomo ou empresario. Coa facturación electrónica conséguese unha maior calidade do servizo que ofrecen autónomos e pequenas empresas, #cuestión clave que repercutirá á súa vez, nunha maior competitividade das empresas de Pontevedra.
Ademais, coa adopción desta ferramenta as empresas poderán cumprir coa normativa que a partir do 15 de xaneiro de 2.015 obriga a que todo provedor de bens ou servizos das Administracións Públicas, deberá expedir as facturas de forma electrónica en relación contractual coas mesmas.

Contidos:

•	Que é unha factura electrónica?
•	Normativa da factura electrónica 
•	Novidades a partir de 2015:  Administración Pública e actividade privada
•	Obrigacións do emisor dunha factura electrónica
•	Obrigacións do receptor dunha factura electrónica
•	Vantaxes da facturación electrónica
•	Que formato débese usar para a factura electrónica?
•	Xerando unha factura electrónica
•	Preguntas frecuentes sobre a factura electrónica

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Url do Evento: https://forms.gle/ifG6kzPFkzEWLpr36
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse

Calendario eventos

« Abril 2024 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30