Novas redes sociais para a promoción turística: TikTok e Twitch

Data Inicio:  13/05/2022 11:00    
Data Fin:  13/05/2022 12:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

TikTok é unha rede social especializada na edición e creación de videos cortos a través de dispositivos móbiles. O seu obxetivo consiste en potenciar a creatividade e facer disfrutar a xente a través de contenido xerado polos usuarios da plataforma.
TikTok é a rede social do momento, a que máis creceu nos últimos dous anos e o groso das persoas usuarias son menores de 30 anos. Ter presencia nesta rede social permitiranos conectar co viaxeiro de hoxe se nos diriximos a un público eminentemente xoven e co do futuro.
 Outra plataforma que cobrou relevancia é Twitch e que está crecendo de forma sostida e contando cada vez con máis usuarios. Twitch é unha rede social pertencente a Amazon que se adica a emisión de videos en directo e que dispón ferramentas para que os seguidores do video poidan interactuar directamente co streamer. Esta rede que está transformando o mundo da comunicación non ten polo momento o aproveitamento oportuno dende o mundo do turismo e pode ser unha boa oportunidade para as marcas.

Índice:

•	Introdución
•	Funcionalidades
•	Estratexias
•	Boas prácticas

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
Url do Evento: https://forms.gle/cK9kuVyNgYoEeyet8
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse