Como usar TikTok na túa empresa

Data Inicio:  31/05/2022 18:00    
Data Fin:  31/05/2022 19:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

TikTok converteuse rapidamente nunha das redes sociais máis populares do mundo. Con máis de 1000 millóns de usuarios activos ao mes (e crecendo), a plataforma converteuse nunha ferramenta moi interesante para moitas marcas, especialmente as persoais.

Contidos:

1.	Que é  TikTok e por que estar presentes nesta rede social
2.	Crea a túa conta
3.	Como funciona o algoritmo
4.	Estratexia de contidos
5.	TikTok Ads
6.	Métricas e estatísticas
7.	Exemplos de éxito

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
Url do Evento: https://forms.gle/rE2NZq7NurX6S7Xg9
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse