Dropshipping: como vender en liña sen investimento material

Data Inicio:  15/12/2021 12:00    
Data Fin:  15/12/2021 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Ponteareas 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Coñeces o modelo de negocio en liña chamado  Dropshipping? Desde hai uns anos este tipo de tenda popularizouse na internet para vender produtos de todo tipo. Cun investimento mínimo para arrincar o negocio, este novo modelo de venda conseguiu ao redor de todo o mundo uns volumes de beneficios moi altos. Neste taller ensinarémosche como iniciarche no mundo do  Dropshipping e que aspectos hai que ter en conta para non fracasar no intento.

Índice de contidos 
1-	Que é o  Dropshipping?
2-	Aspectos clave
3-	Como escoller os produtos que imos vender?
4-	Erros máis frecuentes
5-	Conclusións finais 

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
Url do Evento: https://forms.gle/fLM3w9J8jq2SxC9h8
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse