Mellora o impacto da túa web grazas a Google Analytics

Data Inicio:  20/10/2021 18:00    
Data Fin:  20/10/2021 19:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Ponteareas 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Neste obradoiro buscamos coñecer os datos que nos outorgan as ferramentas de medición.

Analizaremos como nos levan a coñecer mellor o noso sitio web. Saber a que tipo de público alcanzamos, a que dispositivos, a que sistemas operativos e a que países. Desta forma, poderemos crear unha comunidade de clientes definida e marcar obxectivos efectivos, conseguindo así, un maior impacto no mercado.

Índice:

•	Que queremos alcanzar?
•	Que son os Analytics?
•	Os benéficos que nos traen os Analytics
•	Coñecer e potenciar o meu sitio web
•	Google Analytics 
•	Ferramentas de Google para mellorar o noso impacto


O obradoiro será impartido por Guillermo Nass, TSU en Deseñador Gráfico Publicitario do Colexio Universitario Monseñor de Talavera, entusiasta da cor e do deseño con experiencia en web, Wordpress, posicionamento en redes sociais, márketing dixital, entre outros.

Url do Evento: https://forms.gle/3WQnEEBjVYVTA73T8
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse