Como utilizar Instagram para promover a túa empresa I

Data Inicio:  13/10/2021 12:00    
Data Fin:  13/10/2021 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme O Porriño 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

De uso sinxelo e cun gran publico potencial, permite aos profesionais e ás empresas conectar de forma rápida coa súa audiencia, creando unha imaxe de marca cercana formando unha comunidade activa arredor da mesma.
Neste taller adentrarémonos en Instagram dende o enfoque profesional, coñecendo as funcionalidades que nos ofrece e recomendando a estratexia a seguir nela en función dos nosos obxectivos.

Índice de contidos


• Por que a miña empresa debería estar en Instagram?
• Instagram: a base
• O perfil de empresa en Instagram


Nivel: iniciación

O taller será impartido por Esther Garcinuño, Diplomada en Ciencias Empresariais, coa especialidade de márketing e dirección comercial, pola Universidade de Vigo e Enxeñeira Técnica en Informática de Xestión pola Universidade da Coruña, con máis de 8 anos de experiencia en deseño, desenvolvemento e dirección de proxectos web.

Inscricións a través da seguinte ligazón:
Url do Evento: https://forms.gle/nHBbWA9MRv2Mv71TA
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse