Linkedin para empresas turísticas

Data Inicio:  22/09/2021 11:00    
Data Fin:  22/09/2021 12:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Cambados 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
O sector turístico ten sido un dos devanceiros no uso das redes sociais e confirmouse nos últimos anos como o que máis as utiliza.
 
Po isto pode tener unha importancia chave como profesional do sector turístico ou para a miña empresa ter presenza en Linkedin e desenvolver una estratexia de comunicación adaptada a esta plataforma.

 Linkedin pode ser una boa fonte de información útil, servirnos para facer networking e para encontrar ao noso público obxectivo. Hoteis, axencias de viaxes, OPCs e guías de turismo poden sacar partido desta rede especialmente se a súa clientela son empresas ou determinado tipo de persoas profesionais. 

Linkedin ten 260 millones de usuarios activos e é unha rede social lonxeva con casi 20 anos debido a súa utilidade. Tendo en conta isto temos que establecer un obxectivo para a nosa marca e xerar contido de valor no formato convinte. 

Contido:

•	Introdución
•	Páxinas de empresa en Linkedin
•	Linkedin stories
•	Boas prácticas

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballei como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
Url do Evento: https://forms.gle/cTsR7E44XS2DUwHW9
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse