Evento
Vídeo márketing II – Animacións e gifs feitas con fotografía de produto
Data Inicio: | 30/06/2021 12:00 | ||
Data Fin: | 30/06/2021 13:30 | Duración: | 1:30 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Pontevedra | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
As redes sociais crecen cada día, e aos poucos van dando máis oportunidades para compartir contido realizado de diferentes formas, o contido audiovisual está en máxima tendencia, e fíxose un oco bastante importante en redes sociais. É a hora de comezar a xerar este tipo de contido, é interesante, dinámico e fácil de visualizar e compartir, moito máis viral que calquera outro contido. É unha alternativa perfecta para comezar a traballar de maneira activa e profesional os nosos perfís de redes sociais. VÍDEO MARKETING II – Animacións e gifs feitas con fotografía de produto. En ocasións temos fotografías de produto sinxelas e que mostran o produto sen máis, engadir algún efecto, gif, ou animación dálle ao noso contido un efecto diferente e poténciao, aprenderás a facer este tipo de animacións con ferramentas sinxelas. 1. Tipos de vídeos ou gifs a realizar. 2. Preparación de recursos gráficos (recorte de elementos, fotos e logo). 3. Animación e gifs con canva. 4. (Outras apps ou programas para gifs ou animacións). O taller será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa. | |||
Url do Evento: | https://forms.gle/qMct2wQVmWbygjVC8 |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse
Rexistro
Calendario eventos
« | Abril 2024 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 |
8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 |
15 | 16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 |
22 | 23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 |
29 | 30 |
- Ciberseguridade, que é o malware22 de abril de 2024 10:30Máis información
- Programación con Arduino Módulo I - Parte II24 de abril de 2024 10:30Máis información
- Instagram para principiantes I26 de abril de 2024 12:00Máis información
- Ciberseguridade, o Phishing29 de abril de 2024 10:30Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento