Crea a túa tenda en liña con Prestashop II: personaliza a túa tenda

Data Inicio:  23/06/2021 18:00    
Data Fin:  23/06/2021 19:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Ponteareas 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Prestashop é un Sistema de xestión de contidos (CMS) libre e de código aberto, pensado para construír desde cero tendas en liña de comercio electrónico, para pequenas empresas ou grandes corporacións.
O obxectivo destes talleres é falar sobre o e- commerce e instalar a nosa tenda de  Prestashop, coñecela, cargar produtos, actualizala, adaptándoa ás necesidades do negocio.

Parte II:
• Coñece a túa tenda con  Prestashop
• Adapta a túa tenda en liña
• Venda e Xestión de clientes

O obradoiro será impartido por Guillermo  Nass, TSU en Deseñador Gráfico Publicitario do Colexio Universitario Monseñor de  Talavera, entusiasta da cor e do deseño con experiencia en web,  Wordpress, posicionamento en redes sociais, márketing dixital, entre outros.
Url do Evento: https://forms.gle/gtZzeXcYfJ8ojF9U7
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse