Márketing social: estratexias dixitais para entidades do terceiro sector

Data Inicio:  25/05/2021 12:00    
Data Fin:  25/05/2021 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

O mundo dixital representa un modelo de negocio e un crecemento empresarial. Por que este potencial non o poden empregar tamén asociacións, fundacións, cooperativas ou empresas con fins sociais?
Neste taller revisaremos as principais estratexias en liña, as ferramentas e as canles máis axeitadas dispoñibles para as entidades do terceiro sector para funcionar no contorno dixital, atendendo aos seus principais obxectivos e necesidades.

1. Introdución.
2. Obxectivos e particularidades do terceiro sector no ámbito dixital.
3. Estratexias e canles de captación, captación de fondos e imaxe corporativa.
4. Ferramentas.
5. Exemplos de éxito.

O taller será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing en liña.
Url do Evento: https://forms.gle/JnHehMtEGpfvtQ8Z6
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse