Como emitir o teu evento en liña de maneira profesional VIII – OBS III

Data Inicio:  15/04/2021 12:00    
Data Fin:  15/04/2021 13:30 Duración:  1:30
Organizado por:  Punto SmartPeme Barro-Meis 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom

Obxectivo:

As restricións e confinamentos fixeron que o xeito de comunicarse no entorno empresarial cambiou, recorremos a ferramentas en liña como videoconferencia ou plataformas de transmisión e fixémolo de forma precipitada, pensando nunha solución de emerxencia temporal e en moitos casos sen ser claro como facelo e descoidando aspectos fundamentais como a imaxe corporativa transmitida.

O obxectivo deste itinerario formativo é mellorar os eventos en liña que levamos a cabo cos nosos clientes, a difusión do noso contido e, en xeral, calquera comunicación empresarial en liña.

8º Sesión: “Como emitir o teu evento en liña de maneira profesional VIII –  OBS III”
- Conexión cámara Web
- Conexión cámara móbil –  Droid  Cam e  IvCam
- Elección de micrófono

O taller será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.

Inscricións a través da seguinte ligazón:

Url do Evento: https://forms.gle/FsJXboep1pnnS23a7
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse