Como emitir o teu evento en liña de maneira profesional VII – Crea con Canva e Photopea

Data Inicio:  13/04/2021 12:00    
Data Fin:  13/04/2021 13:30 Duración:  1:30
Organizado por:  Punto SmartPeme Barro-Meis 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom

Obxectivo:

As restricións e confinamentos fixeron que o xeito de comunicarse no entorno empresarial cambiou, recorremos a ferramentas en liña como videoconferencia ou plataformas de transmisión e fixémolo de forma precipitada, pensando nunha solución de emerxencia temporal e en moitos casos sen ser claro como facelo e descoidando aspectos fundamentais como a imaxe corporativa transmitida.

O obxectivo deste itinerario formativo é mellorar os eventos en liña que levamos a cabo cos nosos clientes, a difusión do noso contido e, en xeral, calquera comunicación empresarial en liña.

7º Sesión imaxe: “Como emitir o teu evento en liña de maneira profesional VII – Crea con  Canva e  Photopea”

-  Logo sen fondo.
- Crear  grafismos para  streaming
- Vídeo: montaxes sinxelas, edición básica.

O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.

Inscricións a través da seguinte ligazón:
Url do Evento: https://forms.gle/uf5xnESbFx5pRRjVA
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse