Grava e edita co teu teléfono móbil: Inshot

Data Inicio:  08/03/2021 18:00    
Data Fin:  08/03/2021 19:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Cambados 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom

Recomendable: descargar a app Inshot no teléfono móbil antes do obradoiro para ir practicando á vez.

Os vídeos cobran forza nas redes sociais, unha fotografía xa non é suficiente para chegar ao noso público. Se queres ter as rendas das pezas audiovisuais do teu negocio, aprende a editar desde o teu teléfono con inshot, neste taller veremos as ferramentas básicas para comezar a editar nós mesmos.
1. Posibles usos da aplicación

2. Ferramentas e funcionamento

3. Curta edición e edición de vídeo.

O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.

Inscricións a través da seguinte ligazón:
Url do Evento: https://forms.gle/xpkheew9HAXaHnC19
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse