O valor que as marcas dan ás empresas

Data Inicio:  27/01/2021 12:00    
Data Fin:  27/01/2021 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

A propiedade industrial (patentes, marcas comerciais e deseños) representa ata o 80% do valor das empresas máis valiosas do mundo. Neste taller veremos como un uso estratéxico destas ferramentas pode axudar a situar a súa marca como punto de referencia.

- Introdución Que é a propiedade industrial?
- Diferentes figuras da propiedade industrial (patentes, marcas comerciais, deseños industriais)
- Marcas tradicionais e novas: marcas olfactivas especiais, de envases, 3D e de posición.
- Exemplos de uso da marca.
- Para que serven? Cales son as vantaxes e dereitos que ofrecen?
- Importancia das marcas comerciais nas exportacións.
- Exemplo de convivencia entre marcas.
- Como saber se a miña marca rexistrada non é viable
- Que facer se un terceiro usa a miña marca.
- Solucións a problemas comúns.
- Preguntas e dúbidas.

O obradoiro será impartido por Román Pérez, licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela e máster en Propiedade Intelectual pola Universidade Autónoma de Madrid. Roman Pérez é avogado e representa a clientes (desde startups a multinacionais) na defensa dos seus dereitos de propiedade industrial tanto a nivel nacional como internacional.

Inscricións a través da seguinte ligazón:

Url do Evento: https://forms.gle/VgQ75gr58x3E8xQWA
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse