Evento
Comercialización en liña de experiencias gastronómicas
Data Inicio: | 13/01/2021 11:00 | ||
Data Fin: | 13/01/2021 12:00 | Duración: | 1:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Pontevedra | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
Obradoiro telemático a través de Zoom. As viaxes e escapadas na actualidade poñen o foco en lugares cercanos e a gastronomía é un elemento fundamental de atracción en Rías Baixas. A oferta gastronómica ten un papel clave na imaxe, o posicionamento e competitividade dos destinos turísticos. Sen dúbida o sector gastronómico ten experimentado un gran crecemento nos últimos anos e hoxe en día a gastronomía está ao alcance de calquera que desexe vivir unha experiencia gastronómica. Isto fai que a competencia sexa moi elevada nun contexto de baixada do consumo e permanecer na mente dos consumidores non é unha tarefa fácil. Para iso faise imprescindible a creación dunha verdadeira experiencia gastronómica capaz de atraer á clientela e internet facilítanos múltiples canles para promocionar e comercializar esta oferta. Contidos: Introdución Apps e directorios Portales online para a venda de experiencias gastronómicas. Portales de compra colectiva, bonos e cofres regalo Chef e restaurante a domicilio. O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo. Inscricións a través da seguinte ligazón: | |||
Url do Evento: | https://forms.gle/LwCew16i3nsrmd796 |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse
Rexistro
Calendario eventos
« Xaneiro 2021 »
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
- Impresión 3D II - Impresoras de filamento21 de xaneiro de 2021 12:00Máis información
- Descobre plataformas para crear de maneira sinxela a túa propia tenda en liña22 de xaneiro de 2021 12:00Máis información
- Como utilizar Instagram para promover a túa empresa II26 de xaneiro de 2021 12:00Máis información
- Ferramentas de chat e atención ao cliente26 de xaneiro de 2021 18:00Máis información
- O valor que as marcas dan ás empresas27 de xaneiro de 2021 12:00Máis información
- Iniciación ao SEO I: conceptos, palabras clave e primeiros pasos27 de xaneiro de 2021 19:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento