Como mellorar a reputación online do teu establecemento turístico

Data Inicio:  04/12/2020 11:00    
Data Fin:  04/12/2020 12:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Internet supón un cambio na toma de decisión do cliente á hora de escoller un establecemento ou outro. O que antes se facía a través do boca a boca, hoxe, co uso da internet e os dispositivos móbiles, estamos expostos a diferentes portais ou foros onde estas opinións poden resultar beneficiosas sabendo como xestionalas.

Índice de contidos:
• Internet e as tecnoloxías da información
• Exemplos de Portais de opinión.
• Ferramentas de monitoraxe.
• Técnicas de márketing útiles.

O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballei como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
Url do Evento: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLScExMjloPIlJ2ZKIedsuVeRp4kPsPo1rEs225ojQrVp-AN-ng/viewform?usp=sf_link
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse