50 técnicas para crear prezos que encanten á túa clientela

Data Inicio:  26/11/2020 19:00    
Data Fin:  26/11/2020 20:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme O Porriño 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Neste obradoiro descobrirás, en forma de prácticos trucos, as técnicas máis útiles para poñer un prezo atractivo aos teus produtos. Consellos breves e de aplicación inmediata que calqueira PEME ou persoa autónoma poderá incorporar inmediatamente á forma de mostrar os prezos na súa tenda física u ecommerce.

Índice
- Presentación
- As técnicas máis efectivas para mostrar prezos (en modo tip ou consello breve)
- Casos prácticos
- Preguntas e aclaracións.

O obradoiro será impartido por Xosé Comesaña, consultor e deseñador con mestrados en comunicación e marketing e con máis de 15 anos de experiencia dirixindo proxectos para clientes como PSA Peugeot-Citroën, Pescanova, Cortefiel...e moitas outras pemes e autónomos.
Url do Evento: https://forms.gle/nCEwG6bgZs3eUvhX7
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse