Comercialización en liña de experiencias gastronómicas

Data Inicio:  30/10/2020 12:00    
Data Fin:  30/10/2020 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

As viaxes e escapadas na actualidade poñen o foco en lugares cercanos e a gastronomía é un elemento fundamental de atracción en Rías Baixas. A oferta gastronómica ten un papel clave na imaxe, o posicionamento e competitividade dos destinos turísticos. Sen dúbida o sector gastronómico ten experimentado un gran crecemento nos últimos anos e hoxe en día a gastronomía está ao alcance de calquera que desexe vivir unha experiencia gastronómica. Isto fai que a competencia sexa moi elevada nun contexto de baixada do consumo e permanecer na mente dos consumidores non é unha tarefa fácil. Para iso faise imprescindible a creación dunha verdadeira experiencia gastronómica capaz de atraer á clientela e internet facilítanos múltiples canles para promocionar e comercializar esta oferta.

Contidos:

Introdución
Apps e directorios
Portales online para a venda de experiencias gastronómicas.
Portales de compra colectiva, bonos e cofres regalo
Chef e restaurante a domicilio.


O obradoiro será impartido por Sonia Torres, Técnica de Empresas e Actividades Turísticas pola Universidade da Coruña con posgrao en Xestión e Dirección de Empresas Turísticas pola Universidade de Santiago de Compostela. Nos últimos anos traballou como Técnico de dinamización turística e como docente de certificados de profesionalidade na área de turismo.
Url do Evento: https://forms.gle/vDuvXd5RrgWY5jMs8
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse