Promociona a túa empresa a través dos stories de Instagram

Data Inicio:  29/10/2020 19:00    
Data Fin:  29/10/2020 20:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom

Hoxe en día triunfa o contido efémero nas redes sociais: contidos numerosos, de consumo rápido e cunha calidade inferior á do contido permanente. Por que se fixo tan popular este formato? Neste taller responderemos a estas preguntas e coñeceremos como crear este tipo de contido a través das Historias ( Stories) de Instagram, sempre integrados na nosa estratexia de márketing.

Índice de contidos:
• Importancia do contido efémero en RRSS: As " Stories"
• Instagram Stories
• Estratexia de contidos

O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.

Inscricións a través da seguinte ligazón:
Url do Evento: https://forms.gle/RPi3SrZ1jiqqChyB6
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse

Calendario eventos

« Xullo 2021 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento