Reels: a nova función de Instagram

Data Inicio:  27/10/2020 12:00    
Data Fin:  27/10/2020 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

Os REELS chegaron a Instagram para quedarse, esta nova aplicación volvenos tolos a todos co seu funcionamento, pero aínda máis tolos tráenos co contido que poderiamos xerar con ela.
Neste taller imos falar sobre as orixes desta nova opción de Instagram, as súas ferramentas e como usalas, exemplos e ideas para aplicar comercialmente e especialmente o alcance actual que ten.
Cando algo é tan novo, tes que aproveitar e destacar, ser orixinal é a clave.

O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
Url do Evento: https://forms.gle/tCCCoyaXdsB1zZR89
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse