Creación e difusión dunha marca turística

Data Inicio:  23/10/2020 11:00    
Data Fin:  23/10/2020 12:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Obradoiro telemático a través de Zoom.

O obxectivo deste obradoiro é aproveitar ao máximo as ferramentas de márketing en liña que temos ao noso alcance para adaptalos a novas experiencias turísticas. Tamén sacaremos o maior rendementos ás estratexias de comunicación existentes para lograr ser máis eficaces á hora de deseñar unha marca turística.

Os puntos a tratar son os seguintes:

1) Marca turística
2) Comunicación eficaz
3) Estratexias de comunicación
4) Márketing en liña en turismo

O taller será impartido por Mariana Rosa, Técnica superior en Axencia de viaxes e xestión de eventos e Graduada en Turismo, que conta cunha gran experiencia no ámbito da comunicación turística e os seus beneficios para este sector.

Inscricións a través da seguinte ligazón:
Url do Evento: https://forms.gle/9DwUfxg4TmG5dPz48
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse