Identidade de marca para a túa empresa: que debes saber

Data Inicio:  07/10/2020 19:00    
Data Fin:  07/10/2020 20:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Cando iniciamos un proxecto temos que ter en conta a parte máis visual do noso futuro negocio, pero a medida que evolucionemos como marca, a nosa identidade definirannos cara ao noso público obxectivo.

Neste obradoiro faremos un percorrido por todos os puntos a tocar para crear a túa marca, e como definir a nosa estética, deste xeito recoñecerannos máis facilmente e transmitiremos unha serie de valores para os que queremos ser recoñecidos.
Recomendacións para escoller o nome da nosa empresa, incluso aplicacións visuais e como adaptar a nosa imaxe de marca a elementos visuais e de márketing.

O obradoiro será impartido por Lara Taboada, Titulada Superior en Ensinos Artísticos de Deseño Gráfico, con experiencia en fotografía de produto e composición fotográfica creativa.
Url do Evento: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfqDm9MFPPl2DPtpX1UO_H9Cljg8n5HUgOfkzbs8N_rHMzmew/viewform?usp=sf_link
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse