Debuxo 3D con Onshape II

Data Inicio:  29/05/2020 12:00    
Data Fin:  29/05/2020 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Barro-Meis 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Con Onshape iniciamos unha serie de talleres formativos en liña.

Onshape é un software de debuxo 3D na nube, dispón dunha interface sinxela e intuitiva que facilita a súa aprendizaxe, execútase nunha navegador web e dispón dunha versión gratuíta. O obxectivo con estes talleres é o de aprender o manexo do software mediante a realización de distintos debuxos que iremos realizando paso a paso.

O obradoiro será impartido por Manuel Freire, Experto Universitario en Robótica, Programación e Impresión 3D con máis de 4 anos de experiencia impartindo talleres de formación.
Url do Evento: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSf_lXJ0H1ezxFsQiUyBtcplvXEWjIKmRee_yP-HcEWqKb7G5w/viewform
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse