Como vender os teus produtos nun marketplace

Data Inicio:  29/04/2020 12:00    
Data Fin:  29/04/2020 13:00 Duración:  1:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Vigo 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Actualmente, os marketplace son un tipo de plataformas moi visitado por aqueles usuarios que queren realizar compras na internet. Trátanse de sitios web onde tanto os vendedores como os compradores poden relacionarse entre si e levar a cabo transaccións comerciais, desenvolvidas nas mellores condicións posibles.

O obradoiro será impartido por María Aller, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun postgrado en Comunicación Corporativa pola Universidade da Coruña e un master en marketing dixital pola UCM, con máis de 3 anos de experiencia en marketing dixital e ecommerce.
Url do Evento: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSchYRSjge2JSJcKDFtF22Xcy6kZXP8TSaViceQd-iyH0lz3YQ/viewform?usp=sf_link
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse