Lalín - Como vender os teus produtos nun marketplace

Data Inicio:  26/02/2020 19:00    
Data Fin:  26/02/2020 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Lalín 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
ESTE OBRADOIRO IMPARTIRASE NO VIVEIRO DE EMPRESAS DE A ESTRADA

Actualmente, os marketplace son un tipo de plataformas moi visitado por aqueles usuarios que queren realizar compras na internet. Trátanse de sitios web onde tanto os vendedores como os compradores poden relacionarse entre si e levar a cabo transaccións comerciais, desenvolvidas nas mellores condicións posibles.

A través deste obradoiro, dirixido a pemes e autónomos, tratarase de mostrar os pasos necesarios para crear unha tenda en Amazon e ver as posibilidades que lles ofrece o maior marketplace.

Este obradoiro será impartido no Viveiro de Empresas da Estrada.

Índice de contidos

- Introdución
- Crea a túa tenda en Amazon
- Xestión do inventario
- Loxística
- Como facer SEO en Amazon
- Publicidade
- Analítica e informes de resultados

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse

Calendario eventos

« Abril 2020 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30