O Porriño- Design Thinking II

Data Inicio:  30/01/2020 19:00    
Data Fin:  30/01/2020 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme O Porriño 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Parte II do Obradoiro Design Thinking

Este obradoiro, dirixido a pemes, autónomos e emprendedores, centrarase nas ferramentas máis prácticas do Design Thinking que tan ben funcionaron na parte I. A metodoloxía Design Thinking está dirixida a facer cambios e melloras reais nos procesos e servizos das empresas de cara a darlle un novo pulo o seu negocio. Non son necesarios coñecementos previos nin haber participado na parte I do obradoiro.
 
Contidos:
• Beneficios do Design Thinking para pemes e autónomos.
• Técnicas mais útiles e recomendadas. 
• Como aplico a metodoloxía no meu negocio.
• Aplicación de ferramentas Design Thinking para aumentar a proposta de valor da miña empresa. 
• Prácticas.

O obradoiro será impartido por Xosé Comesaña, consultor e deseñador con mestrados en comunicación e marketing e con máis de 15 anos de experiencia dirixindo proxectos para clientes como PSA Peugeot-Citroën, Pescanova, Cortefiel...e moitas outras pemes e autónomos.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse