Cambados- Linkedin: a túa rede de networking

Data Inicio:  30/01/2020 19:00    
Data Fin:  30/01/2020 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Cambados 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Linkedin é unha das redes sociais mellor e máis valoradas por profesionais, autónomos e microempresas, pola súa facilidade para crear unha rede de contactos profesional.
Orientada a reforzar e a ampliar as túas conexións profesionais e de negocios, Linkedin sitúase como unha das redes sociais principais que toda empresa debería manexar. Por iso, este taller ten como obxectivo coñecer a rede social, como funciona e como aprender a sacarlle o maior partido posible.

Índice de contidos:

• Introdución a LinkedIn
• Como funciona LinkedIn
• Optimización de perfil
• Xeración de rede de contactos
• Creación de páxina de empresas
• Recomendacións finais

O obradoiro será impartido por José Luis Taboada, inxeneiro Informático con máis de 20 anos de experiencia, e especializado en sistemas informáticos.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse