Pontevedra- Vende produtos en liña con campañas de Google Shopping

Data Inicio:  17/12/2019 19:00    
Data Fin:  17/12/2019 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Pontevedra 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Este taller vai dirixido a pemes e autónomos que se dediquen á venda directa de produto (comerciantes polo miúdo) e que conten cunha tenda online. As campañas de Google Shopping permiten promocionar produtos directamente no buscador Google, ofrecendo aos usuarios información detallada sobre o que se vende antes de que fagan clic no anuncio.

Contido
- Que é Google Shopping
- Requisitos para anunciarse
- Políticas de anuncios de Shopping
- Configuración dunha conta en Google Merchant Center
- Crear un feed de produtos correcto
- Crear unha campaña de Shopping con grupos de produtos

Nivel: Iniciación (É preciso ter tenda en liña)

O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse