O Porriño- Design Thinking

Data Inicio:  12/12/2019 19:00    
Data Fin:  12/12/2019 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme O Porriño 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Este obradoiro, dirixido a pemes, autónomos e emprendedores, ten como obxectivo introducir ós asistentes na metodoloxía Design Thinking de forma práctica e dirixida a facer cambios e melloras reais nos seus procesos e servizos de cara a darlle un novo pulo o seu negocio. Tamén trataranse técnicas útiles e exemplos prácticos en pemes e autónomos. Non son necesarios coñecementos previos.

Contidos:
• Que é o Design Thinking
• Beneficios do Design Thinking para pemes e autónomos.
• Técnicas mais útiles e recomendadas.
• Como aplico a metodoloxía no meu negocio. 
• Exemplos prácticos.

O obradoiro será impartido por Xosé Comesaña, consultor e deseñador con mestrados en comunicación e marketing e con máis de 15 anos de experiencia dirixindo proxectos para clientes como PSA Peugeot-Citroën, Pescanova, Cortefiel...e moitas outras pemes e autónomos. 
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse

Calendario eventos

« Agosto 2020 »
Lu Ma Me Xo Ve Sa Do
1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30
31

Non hai eventos

Lenda:

Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento