Pontevedra- Mide os teus obxectivos nas redes sociais: Análise de estatísticas
Data Inicio: | 14/11/2019 19:00 | ||
Data Fin: | 14/11/2019 21:00 | Duración: | 2:00 |
Organizado por: | Punto SmartPeme Pontevedra | ||
Tipo de Evento: | Taller | ||
As redes sociais son unha vía de difusión de contidos cada vez máis necesaria para o noso negocio. Pero para coñecer se estamos a levar a cabo unha estratexia adecuada nelas é necesario analizar os datos que nos proporcionan: Para saber se aumentaron os nosos seguidores, que publicacións teñen un mellor rendemento ou en que momento é mellor publicar, debemos recorrer á analítica cuantitativa e á interpretación cualitativa de cada un dos datos obtidos. Neste taller aprenderemos a coñecer, localizar e interpretar as estatísticas das redes sociais máis populares para determinar se as estamos utilizando adecuadamente no noso plan de márketing. Índice de contidos: 1. Introdución á analítica en Redes Sociais 2. Obxectivos e métricas máis importantes 3. Análise por rede social 3.1. Facebook 3.2. Instagram 3.3. Twitter 3.4. Linkedin 4. Ferramentas de analítica O obradoiro será impartido por Adrián Fernández, Licenciado en Comunicación Audiovisual pola Universidade de Barcelona e cunha ampla experiencia e traxectoria profesional asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación dixital e o márketing online. |
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse
Rexistro
Calendario eventos
« | Decembro 2019 | » | ||||
---|---|---|---|---|---|---|
Lu | Ma | Me | Xo | Ve | Sa | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 |
- Cambados- Fotografía de produto: todo o que debes saber10 de decembro de 2019 19:00Máis información
- Lalín- Vende os teus produtos en Facebook e Instragram10 de decembro de 2019 19:00Máis información
- O Porriño- Desenvolve a túa propia estratexia de email marketing10 de decembro de 2019 19:00Máis información
- Ponteareas- Iniciación ao SEO II: optimiza a túa páxina web para gañar visibilidade10 de decembro de 2019 19:00Máis información
- Pontevedra- Crea a túa presentación comercial en menos de 90 minutos10 de decembro de 2019 19:00Máis información
- Vigo- Facebook Ads10 de decembro de 2019 19:00Máis información
Lenda:
Evento Aberto
Evento Pechado/Cancelado
Inscrito a este evento