Ponteareas- Optimiza a túa páxina de Facebook

Data Inicio:  07/11/2019 18:00    
Data Fin:  07/11/2019 21:00 Duración:  3:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Ponteareas 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
O obxectivo deste taller será optimizar e profesionalizar a túa páxina de Facebook como os profesionais. É recomendable ter unha páxina creada xa que, a partir dela, profundaremos nos temas clave nos que debemos traballar para que teña maior visibilidade

1) Alcance en Facebook: Que é e como melloralo
2) Píxel de Facebook.
3) Facebook Messenger e BOT de Messenger
4) Botón de WhatsApp en Facebook
5) Mellores ferramentas para crear imaxes en Redes Sociais
6) Insignias e verificación
7) Crear sorteos e concursos con Facebook

O obradoiro será impartido por Laura Carrera, Graduada en Publicidade e Relacións Públicas e Postgraduada en Dirección de Comunicación Corporativa, que conta cunha ampla experiencia asesorando empresas de diversos sectores no ámbito da comunicación e o marketing dixital.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse