Lalín- Crea unha campaña de email márketing con MailChimp

Data Inicio:  26/11/2019 19:00    
Data Fin:  26/11/2019 21:00 Duración:  2:00
Organizado por:  Punto SmartPeme Lalín 
 
Tipo de Evento:  Taller     
     
 
Neste taller levaremos a cabo unha práctica con MailChimp tras entender a parte teórica do proceso de creación dunha estratexia de email márketing. Veremos como elaborar unha campaña con esta ferramenta paso a paso.

Índice de contidos:
1. Crea unha conta gratuíta en MailChimp
2. Crea unha campaña de email
3. Contido: estrutura e persoais
4. Audiencia: público obxectivo
5. Informes

O obradoiro será impartido por Fátima Faílde, Licenciada en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, cun posgraduado en Comunicación e Industrias Creativas pola Universidade de Santiago de Compostela e con experiencia en comunicación corporativa, deseño gráfico e Imaxe corporativa.
Para solicitar praza para o evento, é necesario inscribirse